A UE invoca a « defensa colectiva » por primeira vez na historia

Os 28 Estados membros acordaron por unanimidade "prestar axuda e asistencia" militar ao goberno francés na súa operación contra o ISIS.

 

François Hollande [Imaxe NATO]François Hollande [Imaxe NATO]D.A.

 

Nunca antes, desde a sinatura do Tratado de Lisboa (2009) se invocara o artigo 42.7 do Tratado da Unión Europea (TUE) polo que se fixa o « dereito de defensa colectiva » dos Estados membros da Unión.

Así o anunciou en comparecencia de imprensa Jean-Yves Le Drian, ministro francés após a xuntanza desenvolvida entre @s representantes de Defensa dos 28.

 

De acordo co disposto no Tratado de Lisboa « se un Estado membro é obxecto dunha agresión armada no seu territorio, os demais terán a obriga de lle emprestar axuda e asistencia con todos os medios ao seu alcance, de conformidade co artigo 51 da Carta das Nacións Unidas » para a defensa colectiva, « sen prexuízo da política de seguridade e defensa de determinados Estados membros » e de acordo cos « compromisos acordados no marco da OTAN ». Neste senso, será a Organización do Tratado do Atlántico Norte « o fundamento da súa defensa colectiva ».

 

A invocación do artigo 42.7 do Tratado de Lisboa non suporá limitacións nos « compromisos acordados no marco da OTAN », afirman

 

Para o ministro de Densa francés, Jean-Yves Le Drian, trátase dun « acto político de enorme envergadura » ao que cada país « contribuirá dunha forma ou outra ». Neste senso, o goberno galo iniciará unha rolda de contactos bilaterais nos que concretar de que maneira colaborarán na guerra aberta desde París no « teatro de operacións en Oriente Próximo ou noutro », explicou Le Drian.

Estas xuntanzas a dúas bandas encetarán « nas próximas horas », dixo, para que a contribución de cada Estado membro se concrete « rapidamente ». Do contrario, asegurou, « non fai sentido ».

 

Washington en París intensifican os bombardeos

Doutra banda, o presidente da República, François Hollande mantivo un encontro esta terza feira co secretario de Estado dos EUA, John Kerry. Ambos os dous gobernos acordaron « aumentar os esforzos na loita contra o terrorismo » e que darán « pasos significativos » e « xuntos ». Cumpre lembrar que Francia mantén operacións militares contra o ISIS na Siria desde o 27 de setembro. Operacións que se intensificaron após os ataques de París do 13 de novembro con bombardeos en cidades como Raqqa.

 

D.A.

 

Source: http://www.sermosgaliza.gal

 

Sermos Galiza (España)

Commentaires