Consternación no mundo da cultura e máis alá perante o pasamento de Neira Vilas

O Concello de Vila de Cruces decretou dous días de loito en recordo de Xosé Neira Vilas. E todo o país, máis aló do sector cultural, lamentou o seu pasamento. Mesmo foi Trending Topic en Twitter a nivel estatal.

Capela ardente de Neira Vilas [Imaxe R.C.]Capela ardente de Neira Vilas [Imaxe R.C.]
 
 
 
REDACCIÓN

 

Capela ardente de Neira Vilas [Imaxe R.C.]

O mundo da política e da cultura ateigou o Panteón de Galegos Ilustres na tarde da sexta-feira, onde o seu corpo foi velado por centos de persoas. Asistiron membros do Goberno galego, do Concello de Santiago, ademais de múltiples caras coñecidas da cultura galega, como Víctor Freixanes, Cándido Pazó ou Henrique Monteagudo.

 

As redes sociais tamén se acugularon con mensaxes de despedida que elevaron o nome de Neira Vilas a Trending Topic durante varias horas da mañá no Twitter.

Igualmente, institucións de todo país enviaron comunicados de condolencias sinalándoo como “un bo e xeneroso”. Galaxia, a editorial na que publicou boa parte dos seus libros, salientou que foi autor do libro mái”s universal na historia da literatura galega, Memorias dun neno labrego, publicado por primeira vez en xaneiro de 1961. Con máis de 600.000 exemplares vendidos en galego, español, inglés, francés,alemán, chino, ruso, búlgaro, checo, esperanto e mesmo en braille, Memorias dun neno labrego foi, durante moitos anos, case que o único texto de iniciación á lectura en galego, antes de que a lingua estivese recoñecida nos programas de estudo e nos currículos escolares”.

 

Do mesmo xeito, a Real Academia Galega, da que era membro de número, destacou que Neira “deixa un importante legado ás nosas letras, do que forma parte Memorias dun neno labrego, a novela galega máis lida e traducida”.  « Foi unha escola de concienciación idiomática e un encontro solidario coas clases subalternas da aldea galega », afirmou o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero. « Miles de lectores namorámonos de Eladia e outros miles percibiron que Balbino tiña razón cando dicía que no mundo non debía haber pobres. Memorias dun neno labrego é a novela dunha xente que devece por comer pantrigo ».

 

Figura literaria

 

O escritor Suso de Toro definiuno como unha “figura literaria e unha referencia humana que nos deu orgullo de sermos galegos”. Mentres, o académico da RAG Manuel González sinalou que Neira supuxo “un fito fundamental na historia cultural e literaria de Galiza. Foi quen mellor soubo plasmar os xeitos de vida do rural galego”.

 

A escritora e cineasta Margarita Ledo tamén tivo palabras para el, remarcando “a grande produción de todo tipo que nos deixa. Era un grande divulgador e deixa un legado profundo e profuso”.

“É unha perda irreparable para a nosa cultura”, declarou Henrique Monteagudo, secretario da RAG, que abondou: “foi unha testemuña vivinte das grandes letras do século XX e do que significou a emigración galega”.

Tamén Freixanes, director de Galaxia, quixo destacar que “deixa unha obra enorme, de gran significación” e que traballou até o último momento.

 

REDACCIÓN

 

Source: http://www.sermosgaliza.gal

 

Sermos Galiza (Portugal)

Commentaires