A Fronte Nacional ‘pincha’ nas nacións sen estado, como Bretaña e Córsega

O partido de extrema-dereita atinxiu no Estado nesta primeira volta das rexionais un 30% dos votos, sendo primeira forza. Mais en Bretaña, Córsega ou Iparralde ficou moi lonxe deses resultados. Non así en Catalunya Norde, onde ficou primeira.

Francia 2
X.M.P.

 

“Franvia volve levantar cabeza”, manifestou Marine Le Pen ao coñecer os resultados destas eleccións rexionais francesas, uns comicios nos que a Fronte Nacional foi a forza máis votada, cun 30% dos votos. O partido de extrema-dereita venceu en seis das 13 rexións e consolidou así un medre electoral que viña producíndose desde hai anos. A coligazón da dereita de Sarkozy co centro-dereita da UDI foi a segunda máis votada no Estado -gañou en 4 das 13 rexións-, mentres que o PS de Hollande sufríu un forte castigo. Os socialistas xa anunciaron que non concorrerán á segunda volta en varias demarcacións, para así favorecer o voto á alternativa ao FN.

Bretaña: triunfo socialista e as listas nacionalistas abeiran o 10%

En Breizh (Bretaña) as diferentes listas autonomistas e soberanistas obtiveron por volta do 10% dos apoios nunhas eleccións que neste país gañou o Partido Socialista (35%). A formación bretoa máis votada foi ‘Oui la Bretagne’ (6,7% apoios), mentres que ‘Terras de Bretaña’ tivo o 2,6% e o Partido Bretón un 0,64”. A candidatura da esquerda independentista (Breizh O Stourm!) obtivo o 0,62 por cento.

 

Francia 1

Córsega: Nacionalistas e independentistas suman un 28% dos votos

En Córsega a lista da esquerda foi a máis votada, cun 18,4% dos apoios, ficando segunda a candidatura nacionalista ‘Femu a Corsica’, cun 17,6 por cento. A dereita logrou o 13,2% dos sufraxios e a Fronte Nacional ficou en cuarta posición, cun 10,58%. Os independentistas presentáronse divididos en 2 listas. A de Corsica Libera logrou un 7,72%, mentres que a de Rinnovu obtivo o 2,58%.

Iparralde: Non houbo listas abertzales

Non houbo concorrencia de formacións abertzales nestas eleccións. A dereita sarzozyniana e a súa coligazón co centro-dereita foi o que máis apoio nas urnas tivo en Euskal Herria norte, cun 29%. O Partido Socialista logrou o 28% e a Fronte Nacional o 16 por cento.

Na zona de Languedoc-Roselló, a vitoria si que foi para o FN, cun 31% dos votos. O PS foi segunda opción en votos, cun 24%. A lista apoiada por nacionalistas occitanos e ERC ficou ás portas de ir á segunda volta.

 

X.M.P.

 

Source: http://www.sermosgaliza.gal

 

Sermos Galiza (Portugal)

Commentaires