TRABALLO – Goberno español deixa enfermeir@s sen dereito a prescribir medicamentos

O BOE publica o decreto que regula o uso e dispensación de produtos sanitarios polo que se exixe autorzación médica. O colectivo profesional iniciará medidas contra esta nova norma.

Espana
 
D.A.

 

O texto lexislativo foi aprobado en Consello de Ministros no mes de outubro mais a súa publicación no Boletín Oficial do Estado non chegou até hoxe. De acordo co decreto, as enfermeiras e enfermeiros non poderán prescribir nen suministrar medicamentos sen autorización médica.

Desde o colectivo profesional de enfermaría denuncian que esta medida « abocará o Sistema Nacional de Saúde a un grave colapso e parálise asistencial » polo que prevén iniciar diversas accións legais e mobilizacións sociais para que sexa retirado.

 

O decreto exclúe @s enfermeir@s da prescrición e uso de medicamentos sen previa autorización médica

 

Neste senso, a Mesa da Profesión Enfermeira a nivel estatal avanzou que presentarán un recurso perante o Tribunal Supremo para anular o artigo 3 do decreto no que se explicita a limitación á prescrición de medicamentos por parte das enfermeiras e enfermeiros exixindo que conten coa « diagnose », « prescrición » e correspondente « protocolo » por parte de profesionais médicos.

Desde a Mesa profesional de enfermaría coidan que o texto lexislativo conduce a unha « inseguridade xurídica » quer @s facultativ@s, quer @s doentes. Un feito que, din, « non estamos dispostos a pór en xogo ».

 

D.A.

 

Source: http://www.sermosgaliza.gal

 

Sermos Galiza (Portugal)

Commentaires