Grecia recibirá 10.300 millóns de euros no terceiro resgate

 

A Troika acordou desbloquear este novo tramo en dúas fases coas que o país heleno pagará parte da débeda ao BCE e outros gastos. A Troika acordou desbloquear este novo tramo en dúas fases coas que o país heleno pagará parte da débeda ao BCE e outros gastos.

 

D.ARES

 

O Eurogrupo acordou na madrugada de hoxe (25 de maio) conceder o terceiro resgate a Grecia. En total 10.300 millóns de euros que se inxectarán en dous tramos, 7.500 millóns a comezos de xuño e o resto despois. O diñeiro será achegado polas economías do euro e tamén polo FMI após alcanzaren un acordo as institucións que compoñen a Troika (BCE+Comisión+FMI). 

Estes fondos serán destinados ao pagamento da débeda contraída cos anteriores resgates, dirixirase polo tanto ao BCE, e tamén a enfrontar outros gastos durante o verán.

 

Os primeiros 7.500 millóns de euros dirixiranse a pagar ao BCE e outros vencementos inmediatos

 

Con visos a contentar os acredores e garantir a chegada de novos fondos, o Parlamento grego aprobou recentemente un novo pacote de medidas económicasque incrementarán os impostos indirectos, acelerará os procesos de privatización e mesmo fixará mecanismos automáticos para reaxustar os orzamentos se non se cumpre o obxectivo de défice fixado pola UE.

Porén, malia as reformas levadas a cabo polo goberno de Syriza e a implementación das políticas neoliberais exixidas pola UE e a Troika, o Fondo Monetario Internacional (FMI) non agocha as súas dúbidas a respeito das garantías de devolución do diñeiro emprestado polo que até o último momento mesmo rexeitou facer parte del se non se aliviaban as condicións impostas, o que tensionou Alemaña. Sen a participación do FMI o goberno de Merkel non vía posíbel sacar adiante o novo resgate mais rexeitou tamén flexibilizar as condicións exixidas a Grecia. 

Finalmente o acordo pasa por sumar o FMI ao novo préstamo e por reducir a ratio de débeda a respeito do PIB ao 120% fronte ao actual 175%. Aliás, tamén acordaron « suavizar o perfil dos vencementos ». Ora ben, ficou descartada a posibilidade de aplicar unha quita, isto é, perdoar parte da débeda contraída.

 

D.ARES

 

 

Source: http://www.sermosgaliza.gal

 

Sermos Galiza (España)

Commentaires