ASÍ GAÑOU PORTUGAL A EURO16 – Non perder significa gañar

Portugal levantou a pasada noite a copa que os certifica como campións de Europa, sorprendendo a todos os afeccionados, que dificilmente tivesen apostado pola seleção lusa despois de remataren terceiras de grupo por detrás de Islandia e Hungría. Con esta Eurocopa, Portugal consegue o seu primeiro título internacional.

 

Portugal campioa da Euro 16. Foto: Getty Images. Michael ReaganPortugal campioa da Euro 16. Foto: Getty Images. Michael Reagan

 

 

ADRIÁN FERRO

 

Hai veces nas que olvidamos que o fútbol é un deporte de equipo. Olvidámolo nos momentos previos ao partido. Francia era favorita, non facía falla máis que mirar as aliñacións. E olvidámolo no minuto 17, cando Cristiano Ronaldo rompeu a chorar por non poder xogar o partido máis importante da súa historia con Portugal. Pero a historia tamén era dos outros 10. En realidade, era o partido máis importante da historia de toda Portugal por segunda vez e nesta ocasión non llo ían regalar aos gregos.

O xeito de chegar a semellante cita foi moi apartado da vibrante épica que transmiten os medios deportivos. Non houbo un heroe absoluto. Non houbo xestas históricas. A punto estivo de non haber nin unha victoria. Pero ninguén foi quen de gañarlle a Portugal e esa era unha deducción lóxica que se escapaba da visión maioritaria.

 

 

Fernando Santos rescatou dun caixón abandoado o libro doCadrado Máxico, escrito un día gris por Wanderlei Luxemburgo

 

 

Rocoso 4-4-2, prescindindo das bandas. Metaliterario, incluso. Fernando Santos rescatou dun caixón abandoado o libro doCadrado Máxico, escrito un día gris por Wanderlei Luxemburgo, para convertelo no novo Manual de como gañar a Eurocopa. Portugal mimetizouse coa Muralha de Valença do Minho, deixando un oco para o canón de Cristiano Ronaldo, a espada e o cabalo de Nani e unha porta de saída para o mercenario Quaresma, en caso de emerxencia. Portugal gañou porque todos fixeron o seu traballo, mentres os amantes do fútbol como espectáculo de entretemento renegaban dun mísero deporte.

Tres empates na fase de grupos. Hungría, Austria e Islandia. Empate con Croacia en oitavos de final. Os croatas expuxeron demasiado. Foron demasiado bos en todas a facetas. Perderon por permitir unha contra no minuto 117. Primeira daga cravada polo mercenario.Traballo solvente.

En cuartos de final frearon a unha Polonia pragada de asasiños en serie. Lewandowski, Blaszcikowski, Milik e Krichowiak, non conseguiron furar a muralha e perderon, fusilados, dende os 11 metros.

 

 

Chegaron as semifinais e Portugal virou ofensiva

 

 

Despois chegaron as semifinais e Portugal virou ofensiva. Acendeu o canón e Cristiano Ronaldo disparou dende as alturas para dar o primeiro golpe aos galeses. Cando o partido morría, Nani foi o encargado de rematar ao Príncipe de Gales, quen pretendía conquistar Europa só. Primeira vitoria do torneo no tempo regulamentario. A Muralha seguía en pé e só faltaba o ataque francés.

Francia chegaba, saída do ximnasio, cos futbolistas máis fortes e potentes do continente. Guardiola diría que “son atletas”, pero o máis pequeno do equipo era o seu maior perigo. Portugal quedou sen canón, mais Griezmann fallou en dúas tentativas. despois dun partido igualado no que os lusos comezaban a dominar o centro do campo, Fernando Santos decidiu perder a final retirando a Renato Sanches do terreo, para meter Eder e, casualmente, con iso gañou o partido. Éder aportou corazón e esforzo. Foi referencia en ataque, permitindo a saída en longo que os portugueses precisaban ante a presión francesa e, non contento con iso, marcou o gol do triunfo desde fóra da área. En Portugal tamén se di iso de que futebol é futebol.

 

 

ADRIÁN FERRO

 

 

Source: http://www.sermosgaliza.gal

 

Sermos Galiza España )

 

Commentaires