ABANDONARA EN 1984, APÓS O INGRESO DA REPÚBLICA ÁRABE SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA – Marrocos solicita reingreso na Unión Africana

Despois de abandonar en 1984 en protesto pola adhesión da República Árabe Saharauí Democrática, Marrocos solicitou formalmente o reingreso na Unión Africana.

 

Maroc-UA

 

 

 

XOÁN COSTA

 

O Reino de Marrocos presentou oficialmente unha petición para acceder ao Acto Constitutivo da Unión Africana e, desa forma, tornarse membro da Unión, informou a UA nun comunicado.

Marrocos decidiu en 1984 abandonar a Organización de Unidade Africana (OUA), a que sucedeu a UA, en protesta pola adhesión da República Árabe Saharauí Democrática (RASD), tamén designada Sáhara Occidental.

A independencia daquela antiga colonia española anexada por Marrocos foi proclamada en 1976 pola Fronte Polisario (Fronte para a Liberación do Sáhara Occidental). Sucedéronse anos de loita armada, até á declaración dun cese do fogo en 1991. Un referendo sobre o estatuto do territorio ocupado por Marrocos, daquela prometido, non se realizou até hoxe.

 

Solicitude non implica aceptar RDAS

 

Esta petición prodúcese despois de que en xullo, na XXVII na reunión de Chefes de Estado e Goberno da UA celebrada en Kigali (Ruanda), se aprobase facer un chamamento á ONU para acelerar a organización dun referendo para decidir o destino do pobo saharauí de conformidade coa lexitimidade internacional. O texto do informe urxe á MINURSO a voltar á súa plena funcionalidade para revitalizar o diálogo entre as partes ao tempo que se ratifica a firme “posición da UA sobre a cuestión do Sáhara e o apoio ao dereito do pobo saharauí á libre determinación

Cando manifestou a intención de reingresar na UA, o rei Mohammed VI afirmou que iso non leva consigo nin calquera renuncia de Marrocos aos dereitos sobre o Sáhara Occidental nin aceptación das posicións da Fronte Polisario. Foi en xullo que Rabat manifestou a intención de retornar á  organización nunha mensaxe enviada polo rei Mohammed VI aos dirixentes da UA reunidos en cume en Kigali, na cal afirmaba ser chegada a altura de Marrocos “reencontrar o seu lugar natural no seo da súa familia institucional

O regreso de Marrocos á organización ten que ser votado favorabelmente pola Comisión da UA.

 

XOÁN COSTA

 

 

 

Source: http://www.sermosgaliza.gal

 

Sermos Galiza (España)

Commentaires