MÁXIMA TENSIÓN – A Executiva de Sánchez propón un congreso para mediados de novembro e os críticos preparan un ditame contrario

Hai dous PSOE nestes momentos. O oficial, a parte da Executiva leal a Sánchez, propuxo esta quinta feira a realización dun congreso extraordinario para os días 12 e 13 de novembro e primarias para o 23 de outubro. O crítico tenta á desesperada forzar unha reunión da Comisión de Garantías e Ética.

 

Óscar López, portavoz do PSOE no Congreso e afín a SánchezÓscar López, portavoz do PSOE no Congreso e afín a Sánchez

 

H.V.

 

Sánchez continúa co seu roteiro. Non se dá por destituído, considera vixente a actual Executiva e mantén a convocatoria de Comité Federal para este sábado. A ese foro levará unha proposta, aprobada esta quinta feira polo fragmento oficial da Executiva federal, de realización dun congreso extraordinario a ter lugar os días 12 e 13 de novembro. Con carácter previo irían realizarse unhas primarias o 23 de outubro, abertas a toda a militancia. Nelas concorrería como candidato á reelección como secretario xeral Pedro Sánchez.

Entre tanto, os tres membros críticos da Comisión de Garantías e Ética preparan un ditame para forzar a reunión deste órgao, no que teñen a maioría, mais non a presidencia, en mans dunha persoa próxima a Sánchez. Só a presidenta pode convocar unha xunta desta comisión, sen o concurso da cal a resolución do sarillo xurídico político en que se sumiu o partido após a demisión en bloco dos críticos parece tarefa imposíbel.

Os críticos non recoñecen a vixencia nen da Executiva nen do secretario xeral e, portanto, xulgan nulo de pleno direito a proposta de convocatoria do congreso extraordinário.

 

H.V.

 

 

 

 

Source: http://www.sermosgaliza.gal

 

Sermos Galiza (España)

Commentaires