O EX-PRIMEIRO MINISTRO, MELLOR NOS INQUÉRITOS – Juppé ou Sarkozy. A dereita francesa procura candidato para as presidenciais de 2017
A dereita francesa anda á procura de candidatos para a presidencia da república en 2017. Nesta semana comezan os debates para unhas primarias que se celebrarán en novembro.

XOÁN COSTA
Mentres os sete candidatos da dereita francesa ás primarias se preparan para o primeiro debate o 13 de outubro, unha sondaxe que hoxe publica Le Figaro mostraNicolas Sarkozy en horas baixas, cun 28% dos votos. Pola contra, o alcalde de Bourdeaux, Alain Juppé cobraría moita vantaxe sobre o ex-presidente, obtendo un 42 %
Globalmente o inquérito confirma a polarización do voto no dúo Juppé-Sarkozy.Bruno Le Maire obtén a terceira praza, co 13% dos sufraxios, baixando desde agosto en que alcanzaba o 17%. François Fillon ficaba relegado á cuarta praza, cun 8 % dos votos.
O interese destas primarias non sería o que é se non for porque, con toda probabilidade, o gañador delas será o próximo presidente da Franza, ao ficaren os socialistas fóra de toda posibilidade.
No quinto lugar, está a única candidata,Nathalie Kosciusko-Morizet, que logra reunir un 4,5 por cento dos votos e finalmente Jean-François Copé et Jean-Frédéric Poisson, conseguía un 1,5 por cento dos votos.
A sondaxe estabelece diferentes percentaxes segundo os tramos de participación e é na hipótese de máis participación, por enriba dos cinco millóns de electores, que Juppé avantaxa máis a Sarkozy, chegando a un 43 por cento fronte a un 26 por cento.
O peso da Fronte Nacional
Todo parece indicar que a diferenza máis ou menos marcada entre Juppé e Sarkozy virá dada pola participación dos votantes da FN de Marine Le Pen. Poderían ser entre 260.000 e 595.000, nunha estimación de participación de entre 2,6 millóns e 3,5 millóns, isto é, representarían entre o 10 e o 17 por cento dos votos. Sarkozy podería captar até un 77% destes votos.
XOÁN COSTA
Source: http://www.sermosgaliza.gal
Sermos Galiza ( España )
Commentaires