NAS VÉSPERAS DA TOMA DE POSESIÓN DO MAGNATE – Asesores de Trump, investigados polos seus hipotéticos vínculos coas autoridades rusas

Entre eles, o seu antigo chefe de campaña, Paul Manafort. A revelación de os asesores de Trump estaren a ser investigados pola intelixencia norteamericana foi feita por The New York Times.

 

LAS VEGAS, NV - FEBRUARY 23:  Republican presidential candidate Donald Trump speaks at a caucus night watch party at the Treasure Island Hotel & Casino on February 23, 2016 in Las Vegas, Nevada. The New York businessman won his third state victory in a row in the "first in the West" caucuses.  (Photo by Ethan Miller/Getty Images)

 

X.M.

 

A escasas horas de Donald Trump xurar o seu cargo, voltan a aparecer indicios de que os servizos de intelixencia rastrexan hipotéticos vínculos da súa equipa con Moscova.

Segundo a información feita pública por The New York Times, as axencias de intelixencia norteamericanas terían interceptado comunicacións e transaccións financeiras como parte dunha vasta pesquisa sobre os nexos entre o Kremlin e a Trump Tower.

Os servizos de intelixencia, nun dossier xa entregue no seu día a Obama e ao propio presidente eleito, dan por feito que Rusia se inxeriu no proceso eleitoral para favorecer as expectativas do magnate no seu combate con Clinton.

De acordo coas fontes consultadas por The New York Times, non está claro que o novo material obtido polos servizos secretos teña a ver nin coa campaña eleitoral nin co propio Trump.

As pesquisas -lideradas polo FBI, coa colaboración da CIA, a Axencia de Seguranza Nacional e o Departamento do Tesouro- focáronse sobre os acordos de negocio que algúns dos conselleiros de Trump estabeleceron con parceiros rusos.

 

 

X.M.

 

 

 

Source: http://www.sermosgaliza.gal

 

Sermos Galiza (Portugal)

Commentaires