O rock está de loito coa morte de Chuck Berry

Considerado un dos fundadores e referentes da música rock & roll, faleceu este pasado sábado aos 90 anos de idade, segundo confirmou a policía do condado de St. Charles, no estado de Missouri.

 

2017031911093334990

 

 

Redacción

 

Nacido en 1926 baixo o nome de Edward Anderson Berry está considerado como o “pai negro do rock”. A súa lenda comezou en 1955 coa irrupción de Maybellene,editada por un pequeno selo independente de Chicago, que o levou o máis alto das listas. Desde ese momento, a súa carreira foi meteórica malia a discriminación racial nos Estados Unidos.

“Despois de Elvis Presley, só Chuck Berry tivo máis influencia á hora de dar formar e desenvolver o rock & roll”, di a súa biografía no Salón da Fama do rock.

Con Johnny B. Goode alcanzou o olimpo musical, elixida pola revista Rolling Stone como a canción coa mellor interpretación de guitarra da historia. Un estilo que marcou o son do rock durante as seguintes décadas, un precursor que foi reinterpretado por todos os grandes do xénero.

O día do seu 90 aniversario, o 18 de outubro de 2016, anunciara o lanzamento do seu primeiro disco desde que en 1979 publicara o último, Rock It. A música está de loito coa morte dun dos seus referentes.

 

Redacción

 

Source: http://www.sermosgaliza.gal

 

Sermos Galiza (Portugal)

Commentaires