“Temos dereito a decidir”. O Parlamento escocés inicia o camiño para un segundo referendo independentista

Cos votos favorábeis de SNP e Os Verdes (69 escanos), a Cámara mandata Nicola Sturgeon para negociar con Londres unha nova consulta. Votaron en contra conservadores, liberais e laboristas (59).

 

2013071014174895129

Redacción

 

“O meu argumento é simple: temos dereito a decidir, (..) a elixir entre o Brexit ou sermos un país independente”. A primeira ministra escocesa, Nicola Sturgeon,  foi mandatada esta terza feira polo Parlamento para negociar con Londres a realización dunha nova consulta independentista. Non vai ser doado. Theresa May xa dixo que “non é momento” para referendos” e que o importante é o proceso do Brexit, que vén de activar ao asinar a carta que informa formalmente o presidente do Consello de Europa da intención de Reino Unido de deixar a UE.

Mais sen o Brexit non se entendería a petición escocesa. Os independentistas aproveitaron este escenario para solicitar unha nova consulta, pois a maioría dos escoceses votaron contra a marcha da UE. E a ameaza de ficar fóra da Unión Europea foi unha das máis reiteradas polo unionismo naquel primeiro referendo, 2014, para asustar sobre as consecuencias da independencia.

A petición dunha segunda consulta foi apoiada por 69 deputados, SNP e Verdes, mentres 59 votaron en contra, conservadores, laboristas e liberais.

 

 

Redacción

 

Source: http://www.sermosgaliza.gal

 

Sermos Galiza (Portugal)

Commentaires